Como chegar

Dirección

Lugar de Lires, 15270 Cee (A Coruña).

Teléfonos

Teléfono: 981 748 393 / 981 748 158
Móbil: 696 029 810
Email: info@turismoruralcasajesus.com

Coordenadas GPS

Latitude: 42º 59´ 48.4722" Norte
Lonxitude: -9º 14´ 29.6736 " Oeste

Como chegar

En primeiro lugar informarlles que, como o noso nome indica estamos ubicados concretamente en Lires, unha aldea costeira pertencente ao pobo de Cee. Á súa vez e de forma case equidistante Fisterra quédanos ao sur e Múxia ó norte.

A continuación facilitámoslle algunhas indicacións que poderán servirlle de axuda, para máis información non dubiden en consultarnos.

Desde Cee: (aprox. 10 minutos) Collan a estrada C-552 dirección Coruña e no km 87 atoparán un cruce a man esquerda. A 1,7 kms de novo outro cruce a man esquerda, os nosos letreiros indicaranlles que a 5 kms xa chegan.

Desde Fisterra: (aprox. 10 minutos) Pasarán pola "Praia do Rostro", deixarán á súa esquerda e seguirán collendo os cruces á esquerda ata ver a indicación de "Lires".

A outra opción para chegar é máis longa (20 kms aprox.) pero non menos panorámica. Siguen pola AC-552 dirección "Corcubión” e a continuación por "Cee".

Desde Muxía: (aprox. 20 minutos) Collan a saída para Os Muíños e xa se encamiñan dirección Cee. En Pereiriña collerán a man dereita a CP-2301 durante 5 kms.

A outra variante é pola costa e tárdase aproximadamente o mesmo e encamiñaranse cara a praia de Lourido, pasarán polas aldeas de Cuño, Martineto, Viseu, Castro, Frixe... entre outras cousas ata chegar ao cruce de A Pedreira e xirarán á esquerda na CP-2301 onde a 3 kms nos atoparán.

Desde A Coruña: (Aprox. 50 minutos) Collan a saída para Carballo. Teñen a opción de evitar a entrada no pobo e atallar camiño pola autopista e autovía AG-55, collan a saída para AC-552 Fisterra e percorrede uns 25 kms aprox. e no pk. 87 terán un cruce indicando á dereita hacia Lires, a 1,7 kms terán outro cruce a man esquerda señalizando Lires a 5 kms.

Desde Santiago de Compostela: (Aprox 1h y 15 min.). Collan a saída para Noia , unha vez na autovía a Noia collan a saída a Negreira ata chegar ao "Cruce de A Pereira", é unha rotonda onde collerán dirección Brandomil, pasando por Baíñas, Berdoias ata chegar á AC-552, xírase a man esquerda ata chegar ao pk. 87 onde terán un cruce a man dereita e a 1.7 kms a man esquerda. Estaremos a 5 kms.

Desde Madrid: (650 kms–6 horas aprox.) Collan a autovía A-6 e continuade ata cerca de A Coruña, enlazando coa AG-55 Carballo un tramo de autopista e autovía, a continuación collan a saída para AC-552 Fisterra recórrea nuns 25 kms e no pk. 87 terán un cruce indicando á dereita hacia Lires, a 1,7 kms terán outro cruce a man esquerda señalizando Cabañas de Lires a 5 kms.