Casa Jesús

 

 

Casa Jesús sitúase en Lires, unha preciosa aldea, tranquila e costeira dende a que se divisan a ría e a praia do mesmo nome e un entorno natural ideal para disfrutar da tranquilidade, as panorámicas e o sosego de sentirse rodeado de plena natureza. Ideal entorno tamén para a práctica de deportes como pesca, caza, piragüismo, sendeirismo, rutas en bicicleta, parapente, etc…

Asimesmo a poucos kilómetros atópanse innumerables lugares de interese turístico nos que se poderá admirar tamén a súa cultura, a súa gastronomía, as súas festas e feiras, a súa artesanía e os seus paisaxes típicos de "A Costa da Morte" cheos de acantilados abruptos e salvaxes, así como unhas postas de sol sinxelamente inmellorables.

Atopámonos en plena ruta Xacobea a metade de camiño entre Fisterra e Muxía onde peregrinos e camiñantes fan a súa merecida parada e repoñen forzas para o día seguinte.